_

_

miércoles, 2 de marzo de 2016

E chegou o segundo trimestre...cargadiño de proxectos!!!

E con él un montón de proxectos novos na clase das Rás!!!
Comezamos  Xaneiro falando dos xoguetes, dos agasallos de Nadal, dos nosos xogos favoritos...e fixemos na clase un xoguete con unha bola, un cd vello e un montón de pegatinas. Imaxinades que xoguete construímos?...unha buxaina!!!
Encántanos xogar con elas na clase e nos corredores da escola, e estamos desexando levalas para a casa.
Tamén fixemos un proxecto sobre China. Aproveitando que en todos os niveis do nos centro estamos a realizar o proxecto da biblioteca " Descubrindo outros mundos", os nenos/as de Educación Infantil investigamos sobre Oriente e en concreto, os nenos/as de 3 anos, investigamos sobre a China.
Foi un pouquiño complicado traballar este tema, e aínda non rematamos, porque a varicela decidiu vir estragarnos a festa...pero aprendimos moitas cousas interesantes: a comida, que lles gosta beber, monumentos, a bandeira...gustounos tanto o proxecto que aínda a estas alturas seguimos traballando cousas da China.


 
O día 30 de Xaneiro tamén festexamos o Día da Paz. Despois de falar mooooitoooo sobre que era iso da Paz, chegamos a conclusión, con 3 aniños, que a Paz e vivir sen facerlle mal os outros. Como en moitas oscaións pedimos colaboración as familias para decorar unha pinza de madeira onde colocar a nosa mensaxe de Paz. Un a un, foron escribindo as súas primeiras letras e moi orgullosos as levamos ó patio de 4 anos, onde as colocamos nuns tendais co resto das mensaxes de todos os nenos e nenas do colexio.







 

Encantounos a actividade e, pasados uns días nas que quedaron expostas , volvemos para escoller a mensaxe que máis nos gostaba doutros nenos e nenas do cole para levalas para a casa.


E chegou o Entroido...e por suposto o noso disfraz tiña que ser de chineses e chinesas!
Comezamos facendolle caso as indicacións que nos daba o Meco, que este ano era unha unha Meca a que lle chamábamos Maribel jejeje Temos que dar as grazas as nosas familias que nos axudaron moito a cumplir os seus mandados. Algo na cabeza, con cousas de bebé, de mandil...divertímonos moito vendo como chegábamos a escola.


E chegou o gran día, o día no que lle íamos ensinar os nosos papás, mamás, avoas, madriñas...que bonitos quedaran os nosos disfraces. Trouxemos de casa complementos para o disfraz e viñemos maquillados da casa. a profe nos foi vestindo e retocando un a un e...listos para o desfile!!! A verdade e que nos portamos moi moi ben no paseo e, o chegar a escola cantamos a canción que levábamos uns días ensaiando "Chinito del alma" con coreografía e todo!
 



Así de guapos e guapas estábamos cos nosos disfraces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario