_

_

jueves, 3 de marzo de 2016

Todos iguais e todos diferentes.

Nunha actividade organizada polos Servizos Sociais do Concello,viñeron visitarnos as "Doutoras Diversitas". Contáronnos, con láminas e xogos, que todos e todas somos diferentes pero que, o mesmo tempo, todos somos iguais: iso se chama DIVERSIDADE. Aínda que é un concepto un pouco difícil de entender, pronto nos dimos conta de que, efectivamente, cambiaba a nosa cor de pelo, a altura, o tamaño, os ollos, o tipo de familia...pero que todos e todas temos que xogar e traballar xuntos/as sen preocuparnos das nosas diferenzas.



Pasámolo moi ben na actividade e, o que máis nos gustou de todo, foi que as doutoras nos deixaron un carnet de "Diversito" para pegar no álbum no que nos debuxamos e escribimos o noso nome. A que quedaron chulos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario