_

_

miércoles, 2 de marzo de 2016

Visitamos o Museo de Belas Artes.

A nosa primeira saída no "cole dos maiores" foi o Museo de Belas artes na Coruña.
Días antes, investigamos coa profe María qué era un museo, qué podíamos ver nel e cales eran as normas para a visita.
O día da visitea estábmos bastante nerviosos/as. A algún non nos facía demasiada gracia subir no bus, e outros/as tiñamos medo a "perdernos" por Coruña. Entre os que nos avisaron as familias na casa e o que nos avisaron as profes...non as tíñamos todas con nós.


Unha vez alí, todo foi moito máis sinxelo. Poidemos ver varias estatuas. A que máis nos fustou foi a dun xigante moi alto feito de madeira. Tamén paseamos polas salas vendo cadros. Neles a profe do museo nos fixo buscar cores, paisaxes...e ata algún nos vestimos de pintores para aprender os utensilios que se precisan para pintar un cadro.


Un dos cadros que máis nos gustou foi " As Mariscadoras" de Lugrís. A profe do museo nos diu una copia para que a colorearamos e a trouxemos para a clase para pegar no noso álbum.


Non esta mal esto de visitar museos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario