_

_

miércoles, 2 de marzo de 2016

Un primeiro trimestre moi atareado.

Xa acabado o período de Adaptación, e perfectamente adaptados/as, no primeiro trimestre disfrutamos dun montón de actividades no cole.
Traballamos o medo no Samaín, a través de contos, cancións, receitas monstruosas, imaxes...perdímoslle o medo ó medo.
 
 


Tamén no outono traballamos con follas secas, aprendimos nomes de froitos do tempo...e festexamos o Magosto que é a festa das castañas.





E chegou o Nadal...Na clase das Rás fixemos un montón de manualidades para adornar as nosas casas nestas festas. Isto nos serviu para traballar moito a nosa motricidade fina: picar, colorear, coller o pincel para pintar con témpera...Fíxonos moita ilusión levar a nosa Caixa do Nadal chea de tantas cousas feitas coas nosas manciñas...

 
 
E visitáronnos os Reis Magos!!! Nós xa levávamos días preparando as cartas  coas nosas peticións. Por primeira vez a profe María deixóunos ...una tesoira de maiores!!! e con ela recortamos de varios catálogos os xoguetes que queríamos pegar na nosa carta. O día da visita puxémonos un pouco nerviosos, pero portámonos moi ben para que as maxestades viran que somos uns nenos e nenas moi bos.
Rematamos este primeiro trimestre no "cole dos maiores" cantando para os nosos compañeiros/as de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria, a panxoliña "El árbol de Navidad" Para preparar a nosa actuación ensaiamos moito na clase e cos compañeiros/as de 5 anos da Clase dos Mouchos que a cantaron con nós. tamén fixemos uns sombreiros moi chulos que tiñan forma de árbore de Nadal. A grabación non saiu moi ben, pero a profe María prometeu editala cando teña un chiquiño de tempo  para mostrarvos que ben nos saliu.


No hay comentarios:

Publicar un comentario